O programa "Por
365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito
educativo", ten como obxectivo principal proporcionar ás mozas e mozos
galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e
recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención,
fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das
súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na
eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.
O Programa é un dobre
convite ao profesorado: por un lado para reflexionar en primeira persoa sobre a
violencia de xénero, e en segundo lugar, a compartilo co seu alumnado a través
das actividades propostas.
As actividades teñen como primeiro obxectivo proporcionar ao profesorado
recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan
e senten as súas alumnas e alumnos e como o expresan. Abordar a violencia cara
ás mulleres pode facerse dende diferentes perspectivas, pero se o que queremos
é previr esta violencia, é fundamental indagar nas súas causas e facer ver que
a violencia de xénero está profundamente ligada a un xeito de entender as
relacións baseado en mitos, falsas crenzas, malas maneiras de entender o que é
un home ou o que é unha muller e o que é unha relación amorosa.
Por isto nalgunhas actividades propostas nas unidades
didácticas de apoio que se poñen a disposición do profesorado suxírese
invitalos a pensar acerca das infinitas maneiras de ser home e de ser muller,
de relacionarse preguntando e contestando ao propio desexo, indagando no que
significa ser libres.
I.E.S Carlos Casares, Vigo
Curso 2º E.SO
2014/15
I.E.S FERNANDO BLANCO - CEE curso 2015/16
Concentracións, charlas, manifestos,… dun xeito a maior parte dos concellos, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro reixataron onte a violencia de xénero que no que vai de ano levou por diante a vida de 48 mulleres en todo o territorio nacional. Facemos un repaso en imaxes sobre como viviu a Costa da Morte o #25N, o día internacional contra a violencia de xénero.



No hay comentarios:
Publicar un comentario